Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

CONVOCADAS NOVAS PROBAS PARA OBTER AS COMPETENCIAS CLAVE

11 Xan 2023

Superando estas probas poderase acceder á formación dos certificados de profesionalidade

A consellería de promoción do emprego e igualdade fixo público no DOG do martes 10 de xaneiro a resolución pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3.

O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito de Galicia (código de procedemento TR306A). Así mesmo, cómpre establecer as posibles exencións ás probas e validacións das distintas competencias clave, así como consideracións sobre a expedición de certificados de profesionalidade.

Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave:

– Comunicación en lingua galega.
– Comunicación en lingua castelá.
– Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
– Competencia matemática.

Poderanse presentar ás probas para a obtención do certificado de superación das competencias clave necesarias para o acceso á formación dos módulos formativos dos certificados de profesionalidade tanto do nivel 2 como do nivel 3 as persoas que cumpran os dous seguintes requisitos:

a) Maiores de 16 anos ou que os teñan feitos en 31 de decembro do ano natural en que se realizan as probas.

b) Non estar en posesión de ningún dos requisitos de acceso á formación dos certificados de profesionalidade establecidos no artigo 2 da Orde do 7 de xaneiro de 2014, pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 9, do 15 de xaneiro).

DESCARREGA A ORDE COMPLETA ABRINDO O PDF QUE ESTÁ DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA

Volver