CONVOCADAS CONCENTRACIÓNS POR UN CONVENIO DIGNO NO SECTOR DAS AMBULANCIAS
En Ourense terá lugar diante da porta principal do CHUO ás 11 horas
Mañá xoves, ás 11:00, horas terá lugar unha concentración diante da antiga porta principal do CHUO convocada polos traballadores e traballadoras do colectivo das ambulancias. Está acción enceta unha serie de mobilizacións que rematarán varias folgas a partires do día 8 de febreiro.
Unha vez máis, os traballadores e traballadoras de ambulancias temos que sair á rúa para defender os nasos dereitos. Levamos xa 3 anos sen convenio colectivo e todo porque a patronal e a Xunta se repartiron os concursos públicos sen ter en canta o custe real deste servizo. Agora non nos deixan outra opción que irá folga porque a única proposta sobre a mesa é a de rebaixarnos un 10% o salario e, de non aceptarmos, ameazan con deixar de pagar a partir do 31 de marzo. Neste sector aínda hai empresas onde o persoal fai máis de 50 horas extras ao mes (sen cobrar ou mal pagadas), onde non teñen os descansos e vacacións regulametarias, onde falta persoal ou onde as empresas non se fai cargo -como marca a lei- da desinfección de uniformes, poñendo en risco a nasa saúde e a das nasas familias. Pero ademais diso, a precariedade dos concursos públicos afecta tamén ao propio servizo: ambulancias nas que chove dentro, ambulancias e bases sen limpeza e desinfeccións adecuadas, deterioradas e con averías que non se arranxan nunca, falta material para realizar dignamente a nasa función e que hai que coller nos hospitais porque en moitos casos as empresas non os poñen, así como inumerables incumprimentos das mínimas condicións exixíbles nun servizo público.
Porque nunha ambulancias podemos ter que ir calquera, por un accidente ou unha emerxencia, para unha alta médica, un traslado hospitalario ou para determinados tratamentos que requiran dese servizo. Por isa non só loitamos polos nasos dereitos, senón polos de todas as persoas que nalgún momento teñamos que empregar un elemento básico no sistema sanitario galega como son as ambulancias. Xa abando e, se non se negocia o novo convenio colectivo que poña as bases para solucionar de raíz estes problemas, seguiremos na rúa denunciando a precariedade do naso traballo e de todo un sector. E farémolo sinalando directamente a unha patronal á que só lle importa o seu propio beneficio e á Xunta e ao SERGAS por permitilo e ser os responsables políticos desta situación que padecemos .


