Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

CONVOCADAS AXUDAS DE MOBILIDADE COMPLEMENTARIAS DO PROGRAMA ERASMUS

02 Xan 2017

Están dirixidas ó alunado do sistema universitario da Galiza que participa en Erasmus Estudos

Publicada no DOG do 2 de xaneiro a orde do 14 de decembro 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2016/17.

EXTRACTO RESUMO

Primeiro. Persoas beneficiarias
O alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos durante o curso 2016/17.
Segundo. Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+.
Terceiro. Bases reguladoras
Publícanse conxuntamente coa convocatoria.
Cuarto. Orzamento e contía das bolsas
O importe global previsto na orde é de 1.400.000 €. As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no programa Erasmus+:
a) De 175 euros/mes para un país de destino do grupo 1

b) De 145 euros/mes para un país de destino do grupo 2.
c) De 105 euros/mes para un país de destino do grupo 3.
Unha vez distribuída a contía uniforme en función dos grupos de países, o orzamento restante dispoñible, se o houber, adxudicarase entre os/as solicitantes que posúan unha maior media no seu expediente académico e asignaráselles unha contía uniforme de 500 euros ata esgotar o orzamento.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

O texto comptexto completo pódese consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index)

Volver