CONVOCADAS AS COMPETENCIAS CLAVE
O prazo de solicitudes remata o 7 de abril
Competencias clave para o ano 2022
Resolución do 7 de febreiro de 2022 -DOG do 16 de febreiro de 2022-, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.
A resolución contén os seguintes anexos:
- Anexo I Solicitude. Procedemento TR306A
- Anexo II Calendario previsto do procedemento
- Anexo III Requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade
- Anexo IV Exencións ás probas de avaliación na competencia de lingua galega
- Anexo V Validacións das competencias por ter superados estudos regrados
Lugar de realización das probas: prevese que sexa no Recinto feiral da Fundación Semana Verde en Silleda (Pontevedra).
Datas previstas para a realización das probas: prevese que teñan lugar a finais do mes de xuño sempre atendendo as recomendacións que as autoridades sanitarias establezan.
Recomendacións sobre a presentación da solicitude:
- Preferiblemente, presentar a solicitude por vía electrónica para o cal siga os seguintes pasos:
- Deben acceder á sede electrónica a través da ligazón https://sede.xunta.gal e cubrir o formulario de solicitude do procedemento TR306A que estará dispoñible desde mañá 17 de febreiro.
- Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia (artigo 5.2 da resolución de convocatoria). - Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar e obter recibo.
- No caso de solicitudes cubertas a man:
- prégase claridade nos datos;
- non esquecer asinar a solicitude;
- indicar o número de DNI – NIE ou pasaporte;
- prégase presentar a solicitude o antes posible.
- No caso de identificación co pasaporte, hai que achegar copia coa solicitude (ver artigo 6.a) da Resolución.
- No caso de presentarse ás probas dos dous niveis de cualificación 2 e 3, só é necesaria unha solicitude.
- Non solicitar competencias aprobadas en anteriores convocatorias; consultar o “buscador de notas”.
Prazo de solicitudes: deica o 7 de abril de 2022 incluído

