CONVOCADAS 5 PRAZAS NO CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA
Necesitan persoal para a brigada de incendios
O concello de Xunqueira de Ambía convoca a selección de persoal laboral temporal para brigada de prevención e extinción de incendios 2016, (Convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural e do Mar). Trátase de postos para un/ha xefe/a de brigada, un/ha pión condutor/a e tres pións. A modalidade de contratación serán contratos laborais temporais por obra/servizo determinado a tempo completo. A duración do contrato será de 3 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. O texto completo das bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas municipais. O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados desde o seguinte á publicación deste edicto no BOP.

