Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

CONVOCADA UNHA PRAZA DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DA MEZQUITA

19 Abr 2016

Publícase no BOP de hoxe 19 de abril

O concello da Mezquita fai pública unha oferta na que convoca a provisión dunha praza de persoal laboral temporal coa categoría de auxiliar de axuda no fogar. A modalidade da contratación será un contrato laboral temporal por servizo determinado a tempo completo. A duración do contrato irá dende a data de resolución do concurso até o 31 de decembro do 2016. O sistema de contratación será por concurso. O prazo de presentación de solicitudes é de  cinco días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación no BOP o día 19 de abril. A súa presentación debe facerse no rexistro xeral do concello sito na Av. da Constitución, 7, 32549 A Mezquita, Ourense e teléfono 988 425 507, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

Volver