CONVOCADA REUNIÓN DA COORDENADORA DE PLATAFORMAS EN DEFENSA DOS PARTIDOS XUDICIAIS COMARCAIS
O 30 de Xulho, ás 17.00 horas, na sede do Colexio de Avogados e Avogadas de Ourense
Tras as masivas mobilizacións dos meses de Xunho e Xulho, en case todas as Comarcas de Ourense, contra a supresión dos Partidos Xudiciais, o próximo 30 de xulho reunirase, de novo, a Coordenadora de Plataformas en Defensa dos Partidos Xudiciais Comarcais, co obxecto de programar novas accións contra a desaparición dos servizos públicos nas comarcas.
Os temas propostos pra tratar na reunión do día 30 de Xulho, serán os seguintes:
1º.- Posición da Deputación Provincial de Ourense sobre a defensa dos Partidos Xudiciais
2º.- Mobilizacións de Ribadavia, Celanova e O Barco de Valdeorras
3º.- Convocatoria a outros Colectivos pra estender a reivindicación.
4º.- Varios.

