Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

CONVOCADA MANIFESTACIÓN EN VERÍN POLA FALTA DE PEDIATRAS

02 Feb 2023

É convocada toda a veciñanza por un grupo de nais e pais

Un grupo de nais e pais de Verín convocan unha mobilización dada a falta de pediatra no ambulatorio. Argumentan, nun comunicado de 8 puntos, no que se solicita a participación de toda a veciñanza, que actualmente están pendentes as nenas e nenos máis maiores de realizar as revisións pediátricas, estando as citas para elas en suspenso dende aquel momento. Asemade dín sentirse enganados pois as citas, aínda que se seguen asignando a unha pediatra son atendidas por un médico de familia, non especialista.

Tamén fan fincapé en que existe actualmente unha discriminación o seren atendidas algunhas crianzas por un/ha especialista no centro de saúde, mentres que outra parte son atendidas/os por un/ha médico de familia

Argumentan, que durantes as recentes vacacións do nadal, a única pediatra que está o dispor, desfrutou os seus días libres, non sendo substituída, obrigando a levar as/os cativas/os a urxencias, colapsadas e onde avisan o pediatra só nos casos máis graves; forzando desta maneira a acudir a pediatras privados para unha mellor atención cun custo elevado.

Din sentirse vulnerados, abandoados, esquecidos e mofados pola administración correspondente, pois aínda que fan fronte aos impostos, as fillas e fillos non receben unha atención sanitaria digna, non estando dispostos a permitir o maltrato institucional.

Volver