Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

CONVOCADA FOLGA NOS CENTROS DE ATENCIÓN CONTINUADA DO SERGAS PACs

16 Out 2018

Serán folgas parciais durante 8 días en outubro e novembro

As Organizacións Sindicais CIG-Saúde, CCOO, UGT, SATSE, CSIF, CESM e OMEGA deciden convocar Folga Legal nos centros sanitarios do SERGAS, do ámbito da Atención Primaria, denominados PUNTOS DE ATENCIÓN CONTINUADA (PACs).

O ámbito da folga afectará a todo o persoal estatutario das categorías de Medicina de Familia e de Enfermaría, que presta os seus servizos nos Puntos de Atención Continuada do SERGAS.
A FOLGA desenvolverase desde ás 15 horas dos días 16, 19, 23, 26 e 30 de outubro e 2, 6 e 9 de novembro, rematando ás 08 horas do día seguinte; e desde as 08 horas dos días 21 e 28 de outubro e 4 e 11 de novembro, rematando ás 08 horas do día seguinte.
Mediante a presente convocatoria de FOLGA, as Organizacións Sindicais convocantes queremos poñer de manifesto diante da Administración Sanitaria e da opinión pública a nosa preocupación pola situación que se está a vivir nos Puntos de Atención Continuada (PACs) e que está sendo obxecto de negociación nunha Comisión Técnica da Mesa Sectorial.
A convocatoria desa Comisión Técnica estivo precedida dunha recollida de sinaturas dun numero importante das e dos profesionais afectados, que reclamaban:
• Equipos completos médico/enfermeiro en tódolos PACs. A atención a emerxencias sen persoal adecuado non é aceptable nun país desenvolvido; e a responsabilidade desta asistencia de baixa calidade é da mala planificación por parte das EOXI.
• Respecto aos tempos de traballo do persoal conforme a directivas europeas, que están para garantir unha atención eficiente por persoal descansado en beneficio dos pacientes. Isto debe ser independente de ter un contrato fixo ou traballo fraccionado, o fraccionamento de contratos non pode empregarse para non cumprir cos descansos.
• Calquera avaliación de “derivación hospitalaria” debe ser eliminada das listas de obxectivos, xa que as derivacións non son opcionais, seguen criterios médicos. Os ADX deben adecuarse ao traballo no PAC

Volver