CONVOCADA A VII ASEMBLEA DA CIG VERÍN A LIMIA
Será o vindeiro 12 de febreiro na Casa da Cultura de Verín
O vindeiro sábado, día 12 de febreiro do 2022, celebrarase, a partires das 10.30 horas e na Casa da Cultura de Verín, a 7ª Asemblea Xeral de afiliados e afiliadas da Unión Local da CIG de Verín e A Limia, co obxecto de elixir á nova Comisión Executiva e ao/á novo/a Secretario/a da Unión Local de Verín e A Limia, pros próximos catro anos.
A CIG é a central sindical de maior afiliación das Comarcas de Verín e A Limia con mais de 2100 afiliados/as, mais tamén é sindicato mais forte, de ámbito local, da provincia de Ourense, incluídos CCOO e UGT,e o 2º sindicato mais forte de Galiza, tras a CIG do Porriño.
Dende o ano 2018 pecharon todas as empresas que xeraban algún emprego nas nosas comarcas: Téxtil Saroni S.L, Tendas DyD, Juan Miguel Diéguez, Téxteis Celestina Diteix S.L, Industrias Carrajo S.L, Construcións Irmans Carrajo S.A, entre outras, deixando a mais de 300 familias na rúa, sen traballo e sen posibilidades de obter outro emprego nistas comarcas.
Con case 4000 parados/as, en Verín e Xinzo de Limia, é imposíbel abeirar expectativas de futuro. As traballadoras e os traballadores, en xeral, e a nosa xuventude, en particular, non teñen outro opción que coller o camiño da emigración; fenómeno que esmaga o noso porvir ao privar-nos da mocidade, da cualificación profesional e avellentar a nosa poboación.
Só coa organización dos mais desfavorecidos/as imos poder facer fronte aos difíceis retos que nos han vir enriba nos próximos anos.
Por outra banda, niste 2022 cumprimos 32 anos dende a constitución, no ano 1990, da Unión Local da CIG de Verín e A Limia e, por ise motivo, celebraremo-lo cuns peticos e cun viño de Monterrei após da Asemblea.
O lema da nosa xuntanza é “TRABALHO E VIDA DIGNA PARA AS NOSAS COMARCA” e a súa orde do día a seguinte:
Orde do día da Asemblea:
10.30 hrs. Recepción de afiliados/as e convidados/as.
11.00 hrs. Presentación da Asemblea e canto da Internacional
11.15 hrs. Conformación da Mesa da Asemblea.
11.25 hrs. Presentación do Informe de Xestión da Executiva da Unión Local.
11.45 hrs. Intervencións da afiliación e votación do informe de xestión.
12.05 hrs. Presentación de candidaturas á Executiva e Secretaría da Unión Local.
12.10 hrs. Elección da Executiva da Unión Local e do/a Secretario/a da Unión L.
12.20 hrs. Clausura: Intervención do/a novo/a Secretario da Unión Local da CIG
13.30 hrs. Canto do Himno Galego. Petiscos e vinho de Monterrei.

