Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CONSTITÚESE A PLATAFORMA EN DEFENSA DO PARTIDO XUDICIAL DE VERÍN

15 Abr 2014

Coa presenza de diversas organizacións, institucións e de profesionais da xustiza celebrouse, no salón de Actos de AEVER en Verín, reunión constitutiva

O día 15 de Abril de 2014, convocados pola CIG, reuníronse no Salón de Actos da Asociación de Empresarios de Verín (AEVER), diversos profesionais do sector de xustiza, representantes de concelhos, de organización políticas, sociais e cidadáns/ás a título particular, con motivo de analizar as consecuencias que terá para comarca de Monterrei a aprobación do anteproxecto de lei do poder xudicial, polo que se prevé a supresión do partido xudicial de Verín e a súa integración no Tribunal único de Instrución de Ourense.

Compareceron ao acto representantes do PSOE, do BNG, da CIG, de AEVER, do Concelho de Castrelo do Val, do Concelho da Mezquita e un nutrido grupo de trabalhadores xudiciais e profesionais do sector.

Tras a exposición dos obxectivos da iniciativa e un debate entre os presentes, alcanzáronse os seguintes ACORDOS:

1º.- Constituír umha Plataforma en defensa do Partido Xudicial de Verín.

2º.- Realizar a 1ª Convocatoria da Plataforma, pro día 24 de Abril de 2014 (xoves), ás 20.00 horas, no Salón de Actos da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Verín (AEVER), coa seguinte orde do día:

a)     Novas propostas de integración na Plataforma.

b)     Propostas pra desginación dun voceiro/a da Plataforma, elixido/a entre os trabalhadores/as do sector de xustiza.

c)     Propostas de campanha informativa á cidadanía sobre a supresión do Partido Xudicial

d)     Proposta de Moción para aprobar en todos os Concelhos da Comarca de Monterrei, pola que se reclame ao Ministro de Xustiza o mantemento do Partido Xudicial de Verín.

3º.- Volver a convidar a participar na 1ª reunión da Plataforma ao resto dos Alcaldes da Comarca, aos representantes do Partido Popular e a todos os vicinhos/as que estean interesados/as.

A CIG avalía moi positivamente o resultado desta 1ª reunión, así como a decisión de constitución da Plataforma e espera que na próxima xuntanza se integren nela tanto o Partido Popular como o resto das institucións locais, dada a importancia que para a comarca ten o mantemento do Partido Xudicial, á marxe dos intereses partidarios ou políticos que poida lexitimamente ter cada organización.

Volver