Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CONCURSO OPOSICIÓN NO CONCELLO DE OURENSE

22 Dec 2020

Ofertan 12 prazas de bombeira/o condutor/a

O concello de Ourense fai público no BOP do 22 de decembro a convocatoria para a cobertura por concurso-oposición de 12 prazas de bombeira/o- condutor/a para o concello de Ourense, escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase de servizo de extinción de incendios, grupo C, subgrupo C2, funcionario. Por Decreto da concellería de Recursos Humanos do concello de Ourense, do 14 de decembro de 2020, con número 2020007274, aprobouse a convocatoria para a cobertura por concurso-oposición de 12 prazas de bombeira/o-condutor/a para o concello de Ourense, escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase de servizo de extinción de incendios, grupo C, subgrupo C2, funcionario, ao abeiro das bases específicas aprobadas por Decreto de Alcaldía número
2018002958, do 26 de abril de 2018 (publicada no BOP núm.119, do 26 de maio de 2018) e modificadas por Decreto da Concellería de Recursos Humanos número 2019000892, d0 5 de febreiro de 2019 (BOP núm.39 de 15 de febreiro de 2019).

Número de prazas: 12.
Sistema de selección: concurso-oposición.
As bases e a convocatoria están dispoñibles na páxina web do concello nun enlace denominado- convocatoria para a cobertura por concurso-oposición de 12 prazas de bombeiro-condutor para o concello de Ourense. O prazo de presentación de instancias será, de conformidade coa base específica terceira, de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da data de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Volver