Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CONCENTRACIÓN O VENRES 14 ÁS 10 DIANTE DO CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

12 Mai 2021

A falta de negociación colectiva e o principio de igualdade laboral son os motivos da convocatoria

O sistema de negociación do equipo de goberno, que consiste en chegar a acordos con determinados grupos profesionais do Concello, non só viola o dereto á negociación colectiva, maís tamén produce discriminación entre os traballadores/as; posto que entanto á minoría lle son outorgados novos dereitos, a maioría lle son conxelados.

Logo de tentar chegar a un entendemento coa actual Alcaldesa, non conseguimos que a rexidora atendese ningunha das nosas propostas. Mais o contrario decidiu levar ao Pleno os orzamentos de 2021 sen aprobación sindical incluindo acordos con certos grupos do persoal,  malia os reparos da Secretaria Municipal.

Diante desta situación, que a CIG considera unha violación do dereito a negociación colectiva e do principio de igualdade e non discriminación, anunciamos a movilización que terá lugar este venres e que representa un paso que terá continuidade con outras accións no caso de que o grupo de goberno non modifique a actual actitude sindical.

Volver