Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Concentración en apoio a dous traballadores, afiliados á CIG, despedidos na Vidreira do Atlántico

10 Nov 2009

O venres 13 de novembro, ás 9:00 horas, diante do Pazo de Xustiza

A CIG de Ourense fixo un chamamento aos afiliados/as e delegados/as da central para que participen na concentración de apoio a estes dous traballadores, e afiliados da CIG, que foron despedidos pola dirección da Vidreira do Atlántico o pasado mes de xullo, así como para amosar o rexeitamento á represión sindical practicada pola dirección da empresa de A Limia.

A concentración terá lugar o vindeiro venres, 13 de novembro, diante do Pazo de Xustiza de Ourense, dende ás 9 da mañá, coincidindo coa celebración do xuízo polos despedimentos, adiado dende o pasado 30 de outubro.

Dende a CIG de Verín tense explicado que os despedimentos se levaron a cabo “baixo a aparencia de extincións obxectivas individuais”, aínda que sospeitan que se trata dun caso de clara represión sindical contra dous empregados afiliados á CIG que participaron das convocatorias de folga realizadas na factoría de A Limia.

Volver