CONCENTRACIÓN DO PERSOAL DO SPDCIF O VINDEIRO 31 DE OUTUBRO
Haberá autobús dende as comarcas
O persoal do SPDCIF da consellaría do medio rural da xunta de Galiza está chamado a unha concentración que se celebrará o vindeiro mércores 31 de outubro de 11 a 12 horas da mañá en San Caetano, Santiago de Compostela. As motivacións que levan a este acto de protesta son a problemática do persoal fixo discontinuo de 3 a 9 meses, a elevada taxa de temporalidade e a defensa do SPDCIF como servizo único de prevención e extinción de incendios. Haberá bus que sairá da Gudiña ás 8 e pasará por Verín ás 8:35, por Xinzo ás 9:10, por Ourense ás 9:40 e polo Carballiño ás 10 horas.

