Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CONCENTRACIÓN DE PROTESTA DAS TRABALLADORAS DO SERVIZO DE LIMPEZA DO CHUO

23 Xan 2018

Mobilizáronse ás portas do centro hospitalario ourensán

As traballadoras de Ferrovial, a concesionaria do servizo de limpeza do Complexo Universitario Hospitalario de Ourense, concentráronse na mañá deste martes 23 de xaneiro para facer pública a situación que están a sufrir como consecuencia das políticas laborais da adxudicataria. Afirman que non se cobren as baixas por IT, así como as de xubilación. Asemade, indican tamén que trala apertura do novo edificio hospitalario, atopáronse coa proposta da empresa, de que cada limpadora debe facer durante a súa xornada as labouras de limpeza de 22 habitacións con baño, e, a maiores das zoas comúns. Trala mobilización, e despois da reiterada petición de diálogo do comité de empresa, abríuse un novo período de negociación no que o comité se volcará de cheo para chegar a un acordo beneficioso para ambos.

Volver