Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CONCELLO DE MONTERREI: OFERTAS DE TRABALLO

20 Xun 2023

Son dez postos temporais para compor a brigada contra incendios

O concello de Monterrei publica no BOP do 20 de xuño a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: 2 xefes/as de brigada, 2 pións/pioas-condutor/es e 6 pións/pioas. A alcaldía, mediante a resolución do 16 de xuño 2023, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a 2 xefes/as de brigada, 2 pións/pioas-condutores/as e 6 pións/pioas.

Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 h, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan á disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es

Volver