Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

COMUNICADO DA CIG DIRIXIDO AOS MEMBROS DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO CASTELO DE MONTERREI E AS MULHERES E OS HOMES QUE QUEREN Á COMARCA DE MONTERREI

29 Abr 2014

A Dirección da CIG considera que é o momento de potenciar os valores que unen a ambas entidades

Tras termos soportado pacientemente, os nacionalistas e os membros da CIG, as continuas inxurias e ataques insultantes lanzados contra nos por un concreto membro da Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei, consideramos, hoxe, tras a reprobación pública dise personsaxe e mesmo a súa exclusión da Plataforma en Defensa do Castelo, que é o momento de dar un paso adiante, pontenciar o que nos une, que é moito, e levar a un segundo plano o que nos diferenza 

Os que nos manifestamos, pelexamos e protestamos, darreo, contra os que pervirten e manipulan o público en beneficio proprio, debemos considerar como parte do noso activo, a capacidade de crítica, o inconformismo, a pluralidade e mesmo a discrepancia, nunca o insulto ou a denigración. Iso sería o mesmo que abrazar o pensamento único dos que nos gobernan. Non temos porque estar dacordo en todo, abonda con fixar un obxectivo común pra que poidamos afrontalo, con diálogo e acordo, dende varias prespectivas.

Dende a Unión Local da CIG de Verín e A Limia, respectando a natureza coa que conformastes a vosa Plataforma, aínda non compartindo o apoliticismo do que facedes bandeira, pensamos que o voso proxecto é útil, novidoso, arriscado e, sobre todo, xusto na procura do fin que todos perseguimos: un castelo de monterrei público.

É por iso que, tras terdes actuado con corrección contra os que perseguían uns fins personalisimos, utilizando a inxuria e o insulto como arma, a CIG, reciprocamente, se pon ao voso dispor pra o que precisedes e na forma na que o precisedes, a fin de conseguir o obxectivo proposto.

Un saúdo solidario a todos os membros da Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei.

Nos tampouco queremos hotel no Castelo.

Volver