PARTILHAR
Comezan as negociacións do convenio colectivo dos traballadores e traballadoras laborais do concello de Vilariño de Conso
Consensuaranse bases de contratación
Na CIG Monterrei - A Limia pretenden que "tanto o Convenio Colectivo como as Bases de Contratación supoñan un cambio radical na situación laboral das/os traballadoras/es do concello que a día de hoxe viven unha situación de caos e indefinición completa, e un soplo de transparencia e democracia nas futuras contratacións, respectando os principios de igualdade, mérito e capacidade".
Desde esta localidade da CIG lembran que para chegar a este punto foron necesarias moitas e diferentes medidas de presión da CIG e do conxunto do persoal do concello, mesmo a convocatoria de diversos paros con concentracións diante da casa do concello e da Subdelegación do Goberno en Ourense.
Por unha democratización das relacións laborais
A CIG saúda o cambio de postura do Alcalde do Concello, mais adiantan que "non por iso baixamos a garda, á espera de que o proceso de negociacións iniciado acade os obxectivos expostos, comezando pola democratización das relacións laborais do concello de Vilariño de Conso".