Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Clausurado o curso de forGA de Verín preparatorio das probas de Competencia Clave

28 Out 2011

Celebraranse no recinto feiral de Silleda a partires deste sábado, día 29 de outubro

A imperiosa necesidade da superación destes exames para poder acceder aos certificados de profesionalidade, no caso de non ter os estudos académicos mínimos exixidos na certificación á que se queira optar, fai destas probas a base imprescindíbel para todos aqueles traballadores/as que necesiten acreditarse no seu posto de traballo.

A iniciativa, que partiu da CIG, tivo grande aceptación e impartiuse a formación necesaria a un grupo de traballadores, traballadoras e desempregados/as a fin de que poidan superar as mencionadas probas, conseguir mellorar o seu currículo e adaptarse ás novas exixencias e normativas do mercado laboral, neste momento de forte crise e cunha comarca que destaca pola súa elevadísima taxa de desemprego, unha das máis altas do país e que tanto precisa de actuacións deste tipo.

É obxectivo prioritario desde o seu comezo, para esta entidade pertencente á CIG e de recente instalación na vila de Verín, dotar a todos os traballadores/as da formación e cualificacións necesarias para axudar a que esta comarca sexa todo un referente e axudar, desta maneira a contar cos traballadores/as máis formados, cualificados e con máis opcións a conseguir un posto de traballo ou a progresar nos xa existentes.

A forGA, no seu centro de Verín, segue a impartir desde o mes de abril, accións formativas do plano intersectorial e sectorial, para traballadores/as en activo e tamén “Accións Formativas para desempregados (AFD)”, contando esta última con certificación de profesionalidade (Atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio), próxima a rematar.

Volver