Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

CINCO PRAZAS TEMPORAIS OFERTAN NO CONCELLO DA BOLA

07 Xul 2016

Crearán unha brigada antiincendios

O concello da Bola por resolución da alcaldesa, de data 1 de xullo do 2016, aprobou as bases para a selección e posterior contratación de cinco traballadores para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios. A denominación dos postos é: un xef@ de brigada, un pión-condutor/a de brigada e tres pións de brigada A duración dos contratos será de tres meses. A clase de persoal será laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes é de cinco días naturais seguintes ao de publicación do anuncio da convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres e o sábado de 10.00 a 13.00 horas. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina

Volver