CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DA BOLA
Formarán a brigada forestal
O concello da Bola fai público no BOP do 18 de xuño que, por resolución da alcaldesa, do día 1 de xuño do 2021, aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación de cinco traballadores para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios.
Denominación dos postos: un/ha xefa/e de brigada, un/ha pión-condutor/a de brigada e tres pións de brigada
Duración do contrato: tres meses.
Clase de persoal: laboral temporal
Prazo de presentación das solicitudes: nos tres días hábiles seguintes ao de publicación do anuncio da convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres ou por calquera outro medio previsto na lei. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.

