Chamamento da CIG de Verín para defender o Parador de turismo de Monterrei
Convoca a organización políticas, sindicais, empresariais, de comercio e hostalería
O Parador de turismo de Verín está pendente de resolución dun Expediente de Regulación de Emprego que, segundo a proposta e as información facilitadas pola propia dirección de Paradores, remataría co seu peche definitivo.
A CIG alerta de que o cese da actividade desta instalación vai supor, directamente, “a desaparición de 16 postos de traballo nunha comarca que xa é desde hai anos un claro expoñente do desemprego masivo, con taxas de paro moi superiores á media do Estado español”.
Lembra que ano tras ano saliéntase o gran potencial turístico e a capacidade de reclamo que ten o val e os acuíferos da comarca, alén da intención de poñelos en valor. “Promesas” que, din, logo se esquecen. “Resulta cando menos triste a deixadez na que se nos tivo aparcados aos verineses/as por parte da veciña que foi durante a última lexislatura Directora Xeral de Turismo da Xunta de Galiza, e que debería ser quen liderara a protesta e actuacións para impedir que desmantelen o parador”.
A CIG de Verín aprecia as declaración institucionais realizadas desde varios concellos da comarca a favor do parador de Monterrei, mais ten claro que a situación exixe dar un paso adiante sen agardar que en Madrid tomen decisión que sexan xa inamobíbeis.