Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CELEBRADA REUNIÓN DA MESA DE NEGOCIACIÓN DO CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

03 Xun 2021

Foi o mércores 2 de xuño

No punto primeiro da reunión foi tratada a proposta de Organigrama de postos de traballo da futura RPT do Concello de Xinzo de Limia O documento presentado polo grupo de goberno do Concello recolle, inicialmente, a todo o persoal laboral do Concello que na actualidade presta servizos como indefinido e/ou interino. É dicir están a incluír na RPT (polo menos inicialmente) a todos os traballadores/as do concello. En principio, o documento serve-nos para seguir avanzando na negociación. Agora falta que nos presenten resto das propostas: denominación dos postos, categorías, fichas, salarios e sistema de provisión. Ficamos en organizar un grupo de traballo co Concello para tratar cada punto da RPT coa finalidade de facer unha avaliación final en conxunto antes da súa aprobación. Cando recibamos toda a documentación convocaremos reunións de traballadores/as por servizos para analizar as fichas de cada posto, as clasificacións, soldos asignados, etc. e presentar as alegacións que correspondan. A CIG deixou claro que o obxectivo de aprobar unha RPT ten que ser a conversión de todo o persoal que, nista altura, sexa indefinido ou interino do Concello en persoal laboral fixo; polo que para que a CIG deu a súa conformidade á futura RPT deben ficar pactados, nista mesma negociación, os procesos polos que o persoal laboral indefinido e interino debe pasar a ser persoal laboral fixo. Calqueroutra opción que puider pór en risco iste obxetivo non sería válida para a CIG. Tamén tratamos e aprobamos a creación de dúas bolsas de emprego, unha para axuda no Fogar e outra para oficiais de primeira albanelaría. Ademais, a CIG solicitou a criación dunha terceira bolsa de emprego para os servizos de limpeza viaria e brigadas e anunciou que está a estudar a impugnación xudicial da privatización feita de parte do servizo de limpeza viaria.

Volver