Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CELEBRADA CONCENTRACIÓN EN VERÍN POR UNHA SAÍDA GALEGA XUSTA DA CRISE

07 Feb 2021

Levouse a cabo diante do concello ás 12 horas

Delegadas e delegados concentráronse iste domingo 7 de febreiro na Praza do concello de Verín. Esta acción está enmarcada dentro da campaña por unha saída galega xusta da crise que a CIG está a desenvolver dende o mes de outubro. No acto reivindicáronse políticas que permitan levar a cabo a auténtica recuperación social e económica que leve a unha situación de emprego, salarios, pensións e condicións de traballo dignas na Galiza. Unha recuperación que non será posíbel sen a derrogación total das reformas laborais de 2010 e 2012 e das reformas das pensións de 2011 e 2013.

Volver