Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

CAMPAÑA DE VIXILANCIA DA SAÚDE PRA O PERSOAL DA XUNTA

18 Feb 2017

Foi publicado o luns 13 de febreiro

No DOG do pasado luns 13 de Febreiro, saiu publicado o anuncio da campaña de vixiancia da saúde para o 2017 no ámbito da administración xeral da Xunta de Galicia. Tal e como recolle o DOG, é aplicábel a tód@l@s traballadoras da administración xeral da Xunta agás o persoal que presta servizos nos centros docentes da consellería de cultura, educación e ordenación universitaria, ó persoal e centros dependentes do Sergas e ó persoal de entes públicos e fundacións. O prazo para inscribirse remata o vindeiro 15 de marzo, e a inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento , dispoñíbel na páxina web : www.xunta.gal/riscos.

Para máis información pica no pdf que está debaixo da fotografía co DOG onde sae publicada a orde.

Volver