CAMPAÑA DA VIXILANCIA DA SAÚDE PARA O ANO 2018 NO ÁMBITO DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA XUNTA DE GALIZA
Foi publicado o pasado xoves
No dog do pasado xoves 1 de febreiro saíu publicada a resolución do 15 de xaneiro de 2018, da secretaría xeral técnica da consellería de presidencia, administracións públicas e xustiza, pola que se dá publicidade á campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2018 no ámbito da administración xeral da xunta de Galiza.
É aplicábel a todos/as os/as traballadores/as da administración xeral da xunta de Galiza, agás o persoal que presta servizos nos centros docentes da consellaría de cultura, educación e ordeación universitaria, ao persoal e centros dependentes do servizo galego de saúde e ao persoal de entes públicos e fundacións.
A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible na páxina web da xunta de Galiza (vicepresidencia e consellaría de presidencia, administracións públicas e xustiza -servizo de prevención de riscos laborais): www.xunta.gal/riscos.
Toda inscrición xerará un xustificante do consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.
O prazo de inscrición rematará transcorridos 30 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, agás persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o servizo de prevención de riscos laborais.
A falta de asistencia á cita implicará, agás causa de forza maior debidamente xustificada ante o Servizo de prevención de riscos laborais no prazo de cinco días, que o/a traballador/a renuncia ao recoñecemento médico de forma voluntaria.

