Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

BOLSA DE EMPREGO PARA AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DE PADERNE DE ALLARIZ

26 Xan 2022

O proceso será por concurso de méritos

O concello de Paderne de Allariz fai público no BOP do 26 de xaneiro que, por resolución da alcaldía do día 24 de xaneiro de 2022, aprobáronse as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no concello de Paderne de Allariz para postos de traballo de auxiliar de axuda no fogar, de cara a futuras substitucións ou contratacións laborais temporais, polo sistema de concurso de méritos (exp. 51/2022). O prazo de presentación de instancias para a participación no proceso de selección será de 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense. Os/as interesados/as poderán consultar as bases de selección no taboleiro de edictos e na web do concello: https://padernedeallariz.sedelectronica.gal

Volver