BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA: TRABALLADOR/A SOCIAL
Terá vixencia deica a fin do 2023
O concello de Rairiz de Veiga publica no BOP do 22 de xullo a aprobación da constitución dunha bolsa de emprego para o
desempeño do posto de traballador/a social. Por resolución da alcaldía, do día 6 de xullo de 2021, aprobáronse as bases para a constitución dunha bolsa de emprego para o posto de traballador/a social.
Duración da bolsa de emprego: até o 31 de decembro de 2023.
Xustificación da necesidade: contratación temporal de traballador/a social ata o ano 2023, cando sexa necesario.
1. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal.
2. Xornada: completa.
3. Servizo: Servizos Sociais, traballador/a social do concello de Rairiz de Veiga.
4. Sistema de selección: concurso de méritos.
5. Duración do contrato: segundo a necesidade da contratación.
6. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, de luns a venres,en horario de 09.30 a 13.30 h.
O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello de Rairiz de Veiga, situado nas oficinas municipais e na sede electrónica do concello de Rairiz de Veiga:
https://rairizdeveiga.sedelectronica.gal/info
Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na sede electrónica do concello de Rairiz de Veiga e no taboleiro de
anuncios do concello.

