Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DA RUA: TRABALLADOR/A SOCIAL

06 Feb 2023

Cubrirá substitucións por ausencias de persoal, incapacidade laboral transitoria, permisos ou licenzas

O concello da Rúa fai público no BOP do 6 de febreiro que, por resolución da alcaldía número 2023-0053, do día 2 de febreiro de 2023, aprobáronse as bases reguladoras para a creación dunha bolsa de emprego de traballador/a social, persoal laboral temporal, para os efectos de cubrir necesidades transitorias que requiran puntualmente a contratación de persoal laboral para realizar substitucións por ausencias de persoal, incapacidade laboral transitoria, permisos ou licenzas.

- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal.
- Xornada: xornada completa.
- Servizo: Servizos Sociais, traballador/a social.
- Sistema de selección: concurso.
- Duración do contrato: segundo a necesidade de contratación
- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 h, ou polas outras formas que establece a Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello da Rúa, situado nas oficinas municipais, e na súa sede electrónica. Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello da Rúa.

Volver