BANDO DO 11 DE ABRIL DE 1936 DO ALCALDE DE VERIN, CHAMANDO A COMEMORAR O 5º ANIVERSARIO DA REPÚBLICA
Obrigados/as con Luís Alfonso Morán Castro e con Diego Lourenzo Moura por facilitar-nos o Bando !!
O día 11 de abril de 1936 o Acalde de Verín, Carlos Reino Caamanho, ditaba e publicaba un bando histórico, chamando á cidadanía a comemorar o 5º aniversario da República.
Hoxe, despois de 84 anos, temos a sorte de poder publica-lo por segunda vez, grazas á Luís Alfonso Morán Castro e Diego Lourenzo Moura que nolo facilitaran.
Só tres meses despois da súa publicación os fascistas deran o golpe de estado: xulho de 1936. En Verín, durante os primeiros días do golpe a Corporación republicana organizou umha milicia para a denfesa da democracia que foi desarmada e detida por umha columna da garda civil e do exército que houbo ser desprazada dende Ourense polos golpistas.
Nos días posteriores á chegada dos militares golpistas á nosa comarca houbo combates armados en distintas povoacións, tendo lugar os mais violentos nos Concelhos da Gudinha e da Mezquita.
MIlheiros/as de cidadáns/ás de Monterrei botaran ao monte fuxindo do fascismo, encuanto a corporación republicana foi detida e apresada, primeiro, no cárcere do Concelho (hoxe Colexio da Mercé) e, logo, na prisión de Ourense; onde sería fusilada após de ser sumetida a un conselho de guerra sumarísimo (Causa 1021/36) que, coma todos, constituiu umha farsa xudicial, non anulada, aínda hoxe, pola democracia !!
No ano 2015, o Concelho de Verín nomeou aos fusilados pola Causa 1021 como filhos adotivos e/ou prediletos da vila de Verín, homenaxeando-os nun acto popular na praza do Concelho de Verín.
Gozai do bando do Alcalde Carlos Reino Caamanho, premendo sobre a foto para poder estende-lo !!!
É umha alfaia histórica para os cidadáns/ás de Monterrei !!!

