Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

AXUDAS PRA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

04 Xun 2015

A Federación de AAPP da CIG informa sobre a convocatoria pra solicitar axudas pra libros de texto

O día 1 de xunho, publicouse no DOG a ORDE do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.

O prazo de presentación de solicitudes para o alumnado matriculado no ano académico 2015/16 nas ensinanzas e cursos obxecto desta convocatoria é o seguinte:

a) Pro alumnado de educación primaria e educación especial: un mes desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galiza.

b) Pro alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xunho ao 27 de xulho de 2015, ambos inclusive.

c) Pro alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2015, ambos inclusive.

d) Pras novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula.

En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2016.

Podedes descargar a solicitude na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.es/web/node/14932

Volver