Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

AXUDAS PARA AS TRABALHADORAS E TRABALHADORES QUE ESTIVERAN NUN ERTE

04 Out 2021

Infórmate no sindicato se tes dereito á axuda

As traballadoras/es que estiveron un mínimo de 12 meses en ERTE -entre o 14 de marzo de 2020 e 31 de xullo de 2021-, e non percibiron ingresos superiores a 14000€ en 2020, poderán reclamar ao goberno da Xunta a cantidade de 500€ en concepto de compensación pola perda de poder adquisitivo.

O prazo para reclamar as cantidades designadas remata o día 25 de outubro.

O procedemento para acceder ás cantidades pódese consultar no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR820G 

Estas cantidades son un parche máis á insuficiente cobertura das necesidades das persoas máis desfavorecidas que se viron abocadas a unha suspensión dos seus contratos.

As persoas que recibiron menos de 14000€ durante o 2020 puideron chegar a perder entre 2430€ e 4050€ brutos, resultando que as cantidades postas a disposición pola administración galega apenas estarían entre o 10% e o 20% das cantidades deixadas de cobrar.

Tamén haberá que comprobar canta persoas se poderán acoller finalmente ao cobro desas cantidades, xa que os requisitos non serán fáciles de cumprir, podendo rematar nunha medida puramente propagandística e con pouca incidencia social.

Volver