AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
O prazo para facer as solicitudes remata o vindeiro 23 de Xuño
No dog do 22 de Maio, saiu publicada a orde de 16 de Maio onde se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ó alumnado matriculado en educación primaria, educación obrigatoria secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/2018. O prazo para facer as solicitudes remata o vindeiro 23 de Xuño. Podedes obter máis información no DOG de onte 22 de Maio, e no seguinte enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170522/AnuncioG0164-120517-0005_gl.html

