AXUDAS OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIÓN DE COCHE E CAMIÓN Á MOCIDADE GALEGA
Foron publicadas o 13 de agosto
O venres día 13 de agosto foron publicadas no DOG as axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Galiza.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán as axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C por parte das persoas mozas residentes na Galiza, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.
Persoas destinatarias e requisitos:
Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude
a) Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C e que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil, de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.
b) Estar empadroadas na Comunidade Galiza cunha antigüidade mínima dun ano.
c) Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiaria no ámbito da Galiza.
d) Estar matriculadas nunha autoescola da Galiza no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude.
Compatibilidade da axuda
A obtención desta subvención é compatible con outras outorgadas coa mesma finalidade por todo tipo de organismos públicos ou privados nacionais, da UE ou de organismos internacionais, sen que en ningún caso o seu importe poida ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da obtención do permiso de condución que se solicite.
Solicitudes e prazo de presentación
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galiza, https://sede.xunta.gal. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galiza, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galiza.
3. As persoas solicitantes poderán solicitar información e asesoramento en relación coa convocatoria nos teléfonos relacionados no anexo IV e tamén de modo presencial nas dependencias sinaladas no citado anexo.
Artigo 8. Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) O xustificante que acredite estar matriculado/a nunha autoescola no momento de presentar a solicitude, no caso de non estar xa en posesión do/dos permiso/ s de conducir obxecto da solicitude. O xustificante deberá indicar a modalidade de permiso/s de condución obxecto da matrícula.
b) O/os certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima exixida no artigo 5, no caso de que a última variación do padrón sexa inferior a un ano.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. Se na solicitude se apreciasen defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá á persoa solicitante para que nun prazo de dez días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da conselleira de Política Social e logo da fiscalización da Intervención, a competencia para a adxudicación das axudas mediante a correspondente resolución. A resolución será notificada de conformidade co disposto no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, no prazo máximo de cinco meses contado desde a entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para tramitar.
3. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen se ditar resolución expresa, os interesados poderán entenderdesestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo. Ás notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A xustificación da axuda presentarase con data límite do 15 de decembro de 2021
Podes descarregar a orde completa publicada no DOG premendo no enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210813/AnuncioG0425-040821-0001_gl.html

