AXUDAS AO COIDADO E CONCILIACIÓN: BONO CONCILIACIÓN
Foi publicado no DOG do 9 de agosto
AXUDAS ÁS FAMILIAS CON NENOS E NENAS RESIDENTES EN GALIZA DE ATA 12 ANOS DE IDADE, ESTES INCLUÍDOS, PARA ATENCIÓN DE NECESIDADES DE CONCILIACIÓN PRODUCIDAS ENTRE O 1 DE XANEIRO E O 14 DE SETEMBRO DE 2021, DE CARÁCTER PUNTUAL OU DURANTE O PERÍODOS DE VACACIÓNS ESCOLARES
Publicado no DOG do 9 de agosto as axudas económicas de interese: BONO CONCILIACIÓN
Para ter dereito ás axudas previstas nesta orde as familias deberán acreditar atoparse nun dos seguintes supostos:
§ a) Necesidades puntuais:
1º. Enfermidade ou accidente do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual
2º. Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación que impidan a atención do neno ou nena.
3º. Situacións puntuais de carácter laboral da persoa coidadora habitual que impidan a atención do neno ou nena
4º. Situacións puntuais de coidado de familiares, do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual, ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade sempre que impidan a atención do neno ou nena.
§ b) Necesidades en períodos de vacacións escolares que se producen cando os centros educativos están pechados por vacacións sempre que ambos os proxenitores, titores/as acolledores/as, gardadores/as con fins adoptivos acrediten que por motivos laborais non poden facerse cargo da atención do neno ou nena.
Poderán ser obxecto de subvención os seguintes gastos derivados dos medios empregados para a atención de nenos e nenas de ata doce anos de idade, estes incluídos:
1º. Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar de forma temporal para o coidado do neno ou nena. Consideraranse tamén as ampliacións horarias de contratos laborais preexistentes que se realicen con esta finalidade no que se refire á dita ampliación.
2º. Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio.
3º. Asistencia a servizos de conciliación autorizados pola consellaría de Política Social, en concreto, atención en ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios de atención á infancia previstos na sección quinta do capítulo III do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.
4º. Asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.
A axuda consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100 % do custo das actuacións previstas. A contía máxima da axuda será:
– De 500 euros por unidade familiar no caso de contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio
– De 200 euros por cada neno ou nena no caso de asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social ou a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal antes do 30 de setembro de 2021.

