Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

AUXILIARES DE AXUDA A DOMICILIO: OFERTA DE TRES POSTOS NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDIN

28 Xun 2022

Trátase de contratos laborais temporais por substitución

O concello de Calvos de Randín, unha vez aprobadas, por resolución da alcaldía do día 22/06/2022, a contratación, en réxime laboral temporal, polo sistema de concurso de méritos, e as bases que rexerán a contratación de 3 auxiliares de axuda no fogar, publica no BOP do 28 de xuño o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.

1. Número de prazas: 3.

2. Denominación: auxiliar de axuda no fogar.

3. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por substitución.

4. Sistema de selección: concurso.

5. Duración do contrato: ata que finalice o proceso de selección en curso para cubrir a praza en réxime laboral fixo.

6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Calvos de Randín, situado na praza A Laborada, s/n, 32644 Calvos, Calvos de Randín, (Ourense), en horario de 9:00 a 14:30 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/1015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sendo necesario neste último caso notificalo mediante correo electrónico no enderezo concello.calvosderandin@ eidolocal.es.

7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello de Calvos de Randín e na sede electrónica http://www.calvosderandin.com/webjoomla/index.php/es/concello/noticias

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan e de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello e no taboleiro de anuncios

Volver