Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

ASINADO O NOVO CONVENIO NO CONCELHO DE VIANA DO BOLO

09 Dec 2020

É de aplicación ó persoal laboral e recolhe melhoras substancias para @s trabalhador@s

O concelho de Viana do Bolo, atendendo ás modificacións presentadas pola CIG Verím, asinou o Convenio Colectivo para o seu persoal laboral. Entre elas cabe destacar que os permisos, vacacións e días por asuntos propios, pasarán a equipararse aos do persoal da Xunta de Galiza.

As melhoras tamén recolhen que, a vixencia deste convenio recén asinado, se prorrogará automáticamente deica que sexa substituído por outro novo. Asemade, tamén se reflicte a ampliación de complementos retributivos de postos. No tocante ás retribucións, neste novo convenio incrúense que, "ademáis das melhoras que poidan ser pactadas, as retribucións experimentarán os incrementos determinados na Lei de Orzamentos Xerais do estado ou normativa análoga para a Función Pública".

Desde a CIG Verín indican que iste acordo é un gran paso na negoción colectiva, conseguindo neste momento de crise debido á pandemia da COVID 19 melhoras para o persoal laboral dise concelho.

Se queres descarregar o convenio abre o pdf que está debaixo da fotografía

 

Volver