Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

ASINADO O CONVENIO DO COMERCIO DA ALIMENTACIÓN DE OURENSE

09 Out 2017

A duración deste irá dende o 1 de xaneiro do 2017 e deica o 31 de decembro do 2020

A Confederación Intersindical Galega informa do acordo ó que se chegou para asinar o Convenio Colectivo do Comercio da Alimentación en Ourense. Entre as melloras conseguidas pola CIG está o tema de ultra actividade; que neste convenio manterase íntegramente, aínda que teña rematado a súa vixencia, até que sexa substituído por outro novo. Este tema é moi importante, xa que, despois da última reforma laboral do PP, os convenios podían literalmente desaparecer, se unha vez denunciado para negociar, non se producía acordo no prazo de 1 ano. Tamén se conseguiron melloras nos permisos e licenzas, días de asuntos propios, garda legal, licenzas non retribuídas, etc. O incremento salarial será o seguinte:

  • 2017: Incremento de 14 € no salario base (210 € anuais)
  • 2018: Incluír o plus de actividade no salario base (polo que cada paga extra se incrementaría en 57,13 €) e sobre esa suma, aumentar 14 € (381,39 € anuais)
  • 2019: Incremento de 20 € mensuais (300 € anuais)
  • 2020: Incremento de 20 € mensuais (300 € anuais)

En canto se publique no Boletín Oficial, as empresas terán que facer efectivo o incremento salarial con efectos retroactivos desde primeiros de ano.

Se queres descarregar o convenio, pica no pdf que está debaixo da fotografía

Volver