AS MULHERES SAEN A RÚA PRA PARTICIPAR NAS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS POLA CIG NESTE 8 DE MARZO
Grande participación nas celebradas en Verín, Ourense e O Barco de Valdeorras
Centos de galegas participaron nas mobilizacións convocadas pola CIG nas localidades de Verín, Ourense e O Barco no 8 de Marzo, para reclamar a igualdade de oportunidades nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia. No Día Internacional da Muller Traballadora, as galegas toman as rúas de novo, reivindicando a orixe obreira e revolucionaria desta data, "para que dunha vez por todas o poder entenda que as mulleres estamos fartas da desigualdade e das agresións que sufrimos e porque non imos permitir que nos fagan retroceder nos nosos dereitos cando aínda nos quedan moitos por conquistar"
















