AS CONSECUENCIAS DA PRECARIEDADE DO SERVIZO DA POLICÍA LOCAL DE VERÍN
A central sindical leva tempo denunciando esta situación
Dende hai tempo esta central sindical e os representantes legais dos funcionarios/as no Concello de Verín vimos denunciando a situación de absoluta precariedade na que o Grupo de Goberno ten submido ao Servizo de Policía Local, tanto en materia de persoal, como en materia de medios humanos e de proteción.
Concretamente, o pasado 31 de xaneiro indicabamos, por escrito, ao Grupo de Goberno, sobre a necesidade de adotar medidas de prevención fronte á COVID-19 na policía local, o seguinte:
“c) Medidas de hixiene e Medios de protección contra a Covid19:
A situación epidemiolóxica pola que está a pasar a nosa vila é ben coñecida. Case a metade do noso cadro xa tivo que gardar illamento preventivo por contactos estreitos con algún caso positivo polo COVID 19. Tamén, no exercicio das nosas funcións, ti vemos contacto con xente contaxiada ou sospeitosa de estalo. En canto as medidas de hixiene nas nasas dependencias, na actualidade, estanse levando a cabo labores de limpeza unha vez ao día, de luns a venres. A este respecto, dende o Instituto Nacional de Seguridad y Salud en el Trabajo (INSST), establecéranse unhas directrices de boas prácticas nas actividades de xestión e administración. No que se refire as medidas de hixiene nos centros de traballo, dispón que "se reforzarán la limpieza y la desinfección de las instalaciones, en especial las superficies de contacto habitual .... En aquellas oficinas abiertas al público debe realizarse una limpieza y desinfección de las instalaciones al menos dos veces al día”. No punto terceiro deste apartado, engade: "Se limpiará el área de trabajo usada por un empleado en cada cambio de turno".
Referidas ás Forzas e Corpos de Seguridade, o INSST tamén incide no reforzo de "la limpieza y la desinfección de las instalaciones, en especial las superficies de contacto habitual (manillas, pomos, interruptores, pasamanos, escaleras, ... ) y vehículos, sin olvidar las áreas de descanso, aseos, máquinas auto-vending y fuentes de agua. Se limpiará el área de trabajo usada por un empleado en cada cambio de turno".
No que se refire aos medios de protección contra a COVID19, dicir que dende o concello, estásenos a facilitar luvas, xeles hidroalcohólicos e máscaras cirúrxicas semanalmente. Nós entendemos que estas non son as máscaras máis axeitadas para o desenrolo do noso traballo xa que, aínda que non é a tónica xeral, sí que é certo que ternos contacto con xente na rúa que non sempre fai uso da mascarilla. Segundo o Ministerio de Sanidade estas máscaras "están diseñadas para filtrar el aire exhalado. Su misión es proteger a quienes están a tu alrededor, evitando la dispersión vírica ao estornudar, toser o hablar". Pola contra, segundo se informa dende este Ministerio, as máscaras EPI (FFPJ, FFP2 e FFP3), "tienen como finalidad filtrar el aire inhalado evitando la entrada de partículas contaminantes en nuestro organismo". Consideramos que estas si serían as máscaras indicadas para poder realizar o noso traballo de xeito seguro, sobre todo cando nos diriximos a persoas que non fan uso dela.
Tamén se botan en falla nas nosas dependencias os Equipos de Protección Individual (EPIS). Esta Policía Local tivo intervencións con algunha persoa que, de antemán, xa se sabía que estaba contaxiada. O emprego destes equipos nestes casos faise indispensábel.
A día de hoxe, aínda que nas nosas dependencias séguese a atender ao público, o certo é que non ternos instalados biombos de protección regulamentarios”.
Istes días vimos de coñecer a nova de que un axente da policía local foi, infelizmente, contaxiado polo virus e tal situación non só vai aparellar que, como mínimo, o seu compañeiro teñan de gardar corentena, mais tamén que o exiguo corpo da policía local de Verín olle reducidos aínda mais os seus efeitivos.
Se ao anterior lle engadimos que os policías locais de Verín, inexplicabelmente, son dos poucos de Galiza aos que aínda non lle foi inoculada a vacina contra a COVID temos “armado” o trebón perfeito:
- Un desleixo absoluto do Grupo de Goberno con respeito ao Servizo de Policía Local, tanto en materia de persoal, como en materia de medios e proteción.
- Un exiguo cadro de persoal que non permite atender servizos de proteción normais nunha das primeiras vilas da provincia.
- Unha inexplicábel falta de previsión e de medidas de seguridade ao non ter-lle fornecido aínda a vacina contra a COVID ao corpo da policía local.
Pois ben, como esta central sindical xa recorreu en innumerábeis ocasións ao Grupo de goberno local, obtendo respostas elusivas e minimizando a importancia do servizo, imos pór en coñecimento da Inspeción de Traballo e Seguranza Social de Ourense a situación, para os efeitos de que determine se hai relación de causa-efeito entre a precaridade laboral, as medidas de proteción da saúde laboral dos funcionarios e os contaxios e, en caso positivo, para que adote as resolucións oportunas.

