Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

APROBADO O NOVO CONVENIO DA MANCOMUNIDADE DE VERÍN

26 Abr 2018

O acordo da CIG Verín coa Mancomunidade traducirase en subas salariais de 150 a 200 euros mensuais para @s 15 trabalhador@s

A CIG de Verín asinou un convenio colectivo coa Mancomunidade de Municipios de Verín que foi ratificado na asemblea intermunicipal da entidade. Iste convenio é froito dun proceso de negociación, e no que entre outras milhoras se acadou unha suba salarial que vai dende os 150 euros nas categorías máis baixas até os 200 euros nas máis altas. Para implementalo, farán subas progresivas en tres períodos, durante os anos 2018, 2019 e 2020. Luís Ferreiro, Secretario da Unión Local de Verín valora o acordo como un "grande avance para tod@s @s trabalhador@s, que ven a solventar unha situación anormal no que a salarios se refire, pois os postos de trabalho non eran remunerados de forma xusta". 

Iste convenio non é o primeiro acordo acadado entre a central sindical e a mancomunidade, pois no pasado ano, ambas entidades pactaron as bases de contratación para o acceso con criterios obxetivos e baremábeis aos postos de trabalho que se ofertasen.

Volver