Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

APROBADA UNHA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DE SANDIAS

02 Xun 2017

É pra un posto de traballador/a social

O concello de Sandiás aprobou a constitución dunha bolsa de emprego para o desempeño do posto de Traballador/a Social . Por resolución de alcaldía de 22 de maio de 2017, aprobaron as bases para a constitución dunha bolsa de emprego para persoas que realicen o servizo "Traballador/a Social". A duración da bolsa de emprego abranguerá o 2017 prorrogable por un ano mais. Xustificación da necesidade: contratación temporal deTraballador/a Social durante o ano 2017, cando sexa necesario.
1. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
2. Xornada: por determinar segundo a necesidade de cada momento.
3. Servizo: servicios sociais, Traballador Social do Concello de Sandiás.
4. Sistema de selección: concurso de méritos.
5. Duración do contrato: segundo a necesidade da contratación.
6. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 7 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación  no BOP (2/6/17), no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 h.
1. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás situado nas oficinas municipais e súa páxina web (www.sandias.es).
2. Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na páxina web do Concello de Sandiás e no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás.

Volver