Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

APROBADA A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DA XUNTA DE GALIZA

29 Dec 2020

Trátase do decreto 225/2020, do 23 de decembro que oferta un total de 2585 prazas de acceso libre

A consellaría de Facenda e Administración Pública fai público no DOG do 29 de decembro o decreto 225/2020, do 23 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

A Lei 6/2019, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Galiza para o ano 2020, no seu artigo 12, dispón que a oferta de emprego público ou outro instrumento similar de xestión da provisión de necesidades de persoal se adaptará aos límites e aos restantes requisitos que se establezan na normativa básica estatal.

Ao non aprobarse o proxecto de Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2020, resulta de aplicación en toda a súa extensión o artigo 134.4 da Constitución española, do 27 de decembro de 1978, que sinala que «se a lei de orzamentos non se aproba antes do primeiro día do exercicio económico correspondente, consideraranse automaticamente prorrogados os orzamentos do exercicio anterior ata a aprobación dos novos.

DESCARREGA O  DECRETO COMPLETO PICANDO NO PDF QUE ESTÁ DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA

 

Volver