Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

APERTURA EXTRAORDINARIA DAS LISTAXES DE CONTRATACIÓN DO DECRETO 37/2006

17 Mar 2017

Publicaron no DOG a resolución

No DOG do 17 de marzo de 2017 ven de publicarse a RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais, reguladas no Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 124/2016, do 19 de setembro, para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia de determinados grupos e categorías. Por Resolución do 26 de outubro de 2016 da Dirección Xeral da Función Pública, DOG nº 207, do 31 de outubro, e de conformidade co disposto no artigo 6º do Decreto 37/2006, acordouse a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia correspondente ao grupo III, categoría 014 (xefe/a de cociña), e o grupo V, categoría 001 (camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pasador/a de ferrolavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a). As listas poderán consultarse no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no Servizo de Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e no portal web da Xunta de Galicia, www.xunta.gal, na epígrafe de Función Pública. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Volver