Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

APERTURA DO PRAZO DE ACTUALIZACIÓN DE MÉRITOS DAS LISTAS DE CONTRATACIÓN DA SEAGA

06 Out 2015

Até o 30 de Outubro está aberto o prazo pra actualización de méritos das persoas que queiran facer parte das listas de contratación da SEAGA

De acordo co disposto no apartado 2.1.10 das bases xerais para a selección de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A. de 27 de abril de 2010 (D.O.G de 28/04/2010), ficou aberto o prazo para a presentación da documentación correspondente á actualización de méritos por parte dos integrantes das listas previas que se relacionan a continuación e/ou, de ser o caso, dos novos candidatos/as a ser incluídos nas mesmas:

Enxenheiro/a de Montes
Enxenheiro/a Agrónomo
Enxenheiro/a Técnico/a Forestal
Enxenheiro/a Técnico/a Agricola
Enxenheiro/a de Caminhos, Canles e Portos
Enxenheiro/a Técnico/a de Obras Públicas
Arquitecto/a
Arquitecto/a Técnico
Capataz
Xefe/a de Brigada
Maquinista-condutor
Peón Especialista
Peón
Oficial Administrativo/a
Auxiliar Administrativo/a

Segundo.- Documentación apresentar polos interesados/as:

O proceso de cualificación dos novos candidatos/as, e actualización de méritos dos integrantes das listas previas, axustarase ao disposto nas bases xerais e bases específicas da correspondente convocatoria para cada categoria profesional:

No caso de integrantes das listas previas que só desexen actualizar méritos, estes deberán achegar a documentación acreditativa dos mesmos que se axuste ao recolhido nas bases específicas para a correspondente categoría profesional.

No caso de novos candidatos/as, estes deberán achegar a documentación que para cada categoria profesional se recolhe no apartado "Solicitudes" das correspondentes bases especificas.

A actualización dos méritos serán computábeis até o dia 30 de setembro do 2015.

No caso dos trabalhadores que prestaran ou presten servizos na SEAGA nesa data, a actualización de méritos correspondentes aos periodos traballados nesta empresa efectuarase de oficio por parte da SEAGA.

Terceiro.- Presentación de renuncias e modificación de ámbitos e/ou perfis.

Os integrantes dalgunha lista previa que non desexen seguir formando parte da mesma, poderán presentar renuncia escrita ante o Director-Xerente de SEAGA, indicando a categoria profesional a que renuncian, no prazo e lugar os que se fai referencia no apartado cuarto da presente resolución.

O mesmo prazo rexerá para os candidatos/as que estando inscritos nalgumha lista previa desexen modificar o ámbito territorial ou perfil profesional.

Cuarto.- Lugar e prazo de presentación:

As solicitudes ou actualización de méritos dirixiranse ó Director-Xerente de SEAGA, e a súa presentación poderase facer:

* nas oficinas de rexistro da SEAGA, sitas no Polígono Industrial do Tambre, Via Marconi, nO 14, 15890 Santiago de Compostela - A Coruíia, de luns a xoves en horario de 9:00 h a 14:00h e de 16:00 a 18 :00h e os venres en horario de 9:00h a 14:00h.

* nas oficinas de rexistro de SEAGA, de luos a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, sitas en: 

-Polígono do Ceao, Rúa dos Carros, parcela 17, 27003-Lugo
-Pol. San Cibrao das Vinhas, Sector C, Rúa Ricardo Martín Esperanza (Rúa I) Parcela I-G Nave 3, 32911-San Cibrao das Vinhas - Ourense
-Lugar Cabanas-Sal cedo, nO 54, 36103-Pontevedra
-Estrada N. VI, Km 581,15640 Guísamo-Bergondo

* nas oficinas do Organismo Estatal de Correos mediante correo certificado con acuse de recibo (debendo, neste caso, no mesmo día de presentación da solicitude, remitir vía Fax, ao número 881 997 334, acreditación de dita presentación, que comprende tanto o resgardo acreditativo do envio que se entrega ao cliente por parte do Organismo Estatal de Correos como a copia da solicitude ó proceso de selección)

O apartado 2.1.10 das bases xerais para a selección de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A estabelece o prazo de actualizacióo de méritos por parte dos integrantes das listas ou dos novos candidatos a ser incluídos dende o día O 1 ata o 15 de outubro de cada ano. Porén, acórdase unha ampliación ata o 30 de outubro de 2015.

Volver