APERTURA DE LISTAXES E ACTUALIZACIÓN DE MÉRITOS NAS LISTAXES DE CONTRATACIÓN DA XUNTA
Publicado no DOG do 28 de febreiro
No DOG do 28 de febreiro de 2017 publicouse a resolución pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2016 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública. Consellería de Facenda. Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
Tamén se publica esta outra resolución na que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoa laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas ou especialidades das listas de contratación do decreto 37/2006.
Podes consultar a puntuación nesta ligazón.
Poderanse presentar solicitudes entre o 1 de marzo e o 15 de xullo
Listas abertas
Corpos e escalas (persoal funcionario)
| Grupo | Corpo/escala | Denominación |
| A1 | 2065 | Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de minas. |
| A1 | 2067 | Escala de veterinarios/as. |
| A1 | 2080 | Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de telecomunicacións. |
| A1 | 2093-03 | Escala de profesores/as numerarios/as. Especialidade en navegación marítima. |
| A1 | 2093-06 | Escala de profesores/as numerarios/as. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica. |
| A1 | 2093-07 | Escala de profesores/as numerarios/as. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas. |
| A1 | 2093-08 | Escala de profesores/as numerarios/as. Especialidade en comunicacións. |
| A1 | 2093-10 | Escala de profesores/as numerarios/as. Especialidade en procesos sanitarios. |
| A2 | 2076 | Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de topografía. |
| A2 | 2094-01 | Escala de mestres/as de taller. Especialidade en traballos técnicos de mergullo. |
Grupos e categorías (persoal laboral)
| Grupo | Categoría | Denominación |
| I | 002 | Titulado/a superior médico/a, médico/a xeriatra, médico/a CEI, médico/a adxunto/a, médico/a. |
| II | 002 | ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE. |
| III | 004 | Gobernante/a, gobernante/a servizos domésticos,encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar. |
| III | 014 | Xefe/a de cociña. |
| III | 065 | Oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro, xefe/a cociña, cociñeiro/a 1ª. |
| III | 069 | Oficial servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª oficios varios, oficial de primeira. |
| III | 078 | Subgobernante/a. |
| III | 104 | Intérprete linguaxe de signos. |
| IV | 003 | Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermaría, coidador/a xeriátrico, coidador/a. |
| IV | 005 | Oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª. |
| IV | 006 | Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento. |

