Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

APERTURA DAS LISTAXES DE CONTRATACIÓN DA XUNTA DE GALIZA

28 Feb 2020

Foron publicadas tres resolucións

No DOG de hoxe saen publicadas as seguintes resolucións relativas ás listaxes de contratación de persoal laboral e funcionario interino da Xunta de Galiza:

1.Resolución do 20 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades. Nas listas que estean pechadas poderán inscribirse as persoas que superasen algunha proba do último proceso selectivo ou prestaran servizos na Xunta de Galicia nesa categoría, corpo, escala ou especialidade

O prazo para presentar as solicitudes será do 1 de marzo ao 30 de abril (ambos inclusive)

A documentación que hai que achegar xunto coa solicitude é a seguinte:

Impreso do pago da taxa.Excepto as persoas con discapacidade igual o superior al 33% ou as

persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial, que están

exentas do pago. As persoas membros de unha familia numerosa de carácter xeral ou as que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, 6 meses antes da data de convocatoria e que non perciban prestación ou subsidio por desemprego, terán unha bonificación do 50% do importe da taxa sempre e cando o acrediten

Certificado debidamente compulsado do grado de coñecemento do idioma galego

Fotocopia debidamente compulsada, que acredite a titulación requirida

Fotocopia do DNI

Documentación acreditativa de méritos:certificado de servizos prestados na mesma categoría, corpo, escala ou especialidade(excepto os prestados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que serán de oficio) e un certificado de empadronamento nalgún dos concellos incluídos nos distritos forestais que solicitan para as categorías do servizo de incendios

As persoas que manifesten o consentimento expreso na solicitude para a comprobación dos datos de identidade. de titulación requirida e de exención de taxas. non terán que presentar a documentación acreditativa destas cuestións

A relación das listas pechadas e abertas pódese consultar no seguinte enlace:

https:www.xunta.ga1/dog/Publicados/2020/20200228/AnuncioCAO 1-190220-0002 gl.pdf

2.Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 20 de febreiro de 2020, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2019 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia. Prazo de reclamación 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (coa reclamación achegarase a certificación de servizos prestados no mesmo grupo, categoría, carpo ou escala, ou na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas no caso das categorías do servizo de incendios)

3.Resolución do 21 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o Acordo do 14 de febreiro de 2020 entre a Consellería de Facenda e a Consellería do Medio Rural polo que se encomendan a esta última determinados actos de xestión das listas de contratación temporal de persoal laboral adicado ás tarefas de prevención e defensa contra incendios forestais (cunha vixencia de dous anos).

Volver