Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

AO REDOR DE 1000 PERSOAS ENCHEN AS RÚAS DE VERIN CONTRA O LUME E POLA PREVENCIÓN

16 Set 2016

Éxito da convocatoria arroupada por centos de persoas que clamaron a prol doutras políticas para o medio rural

Presidida por umha faixa portada por membros dos corpos de bombeiros de Verín, brif de Laza, SPDCIF da Comarca e dúcias de trabalhadores/as da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (SEAGA), partíu, ás 20.30 horas do día 16/9/16, a marcha contra o lume e pola prevención convocada pola CIG.

Ao redor de 1000 persoas acompanharon á protesta por todo o percorrido, coreando consignas contra a acción propagandística do Partido Popular e reclamando un cambio nas políticas de ordenación do rural e forestal do actual goberno de Feijoo.

Sobre ás 21.30 horas deu cabo o acto coa intervención dun dirixente da CIG que, tras facer unha análise do caos no que o goberno do Partido Popular ten sumido ao medio rural galego, reclamou a todos os presentes unha posición activa para desaloxar do poder aos responsábeis da inexistencia de políticas de prevención e ordenación forestal: o Partido Popular.

Un éxito dos cidadáns/ás de Monterrei do que debemos estar ben orgulhosos

Volver