Antela Estación de Servizo S.L, condenada a readmitir a dúas traballadoras despedidas
28
Xul
2008
Ten que indemnizar á CIG con 3.000 € por vulneración do dereito á liberdade sindical
Ademais, con carácter previo, os xulgados do Social nº 2 e 3 de Ourense xa condenaran á mesma patronal a readmitir ás candidatas da CIG por ter sido obxecto de despedimentos nulos, en vulneración dos seus dereitos fundamentais.
Desde a Unión Local da CIG de Verín salientan que estas setenzas deben de servir de exemplo para “aqueles que cren que poden facer o que lles peta cos dereitos dos traballadores/as; aconsellándolles que tomen boa nota dos resultados que produce marxinar aos traballadores/as afiliados/as ao noso sindicato”.